Estamos hoxe aquí congregados porque fomos chamados por unha causa común que nos une: a noticia da chegada do Tren de Alta Velocidade a Cerdedo, San Marcos e o Paraño, no seu tramo Pontevedra ~ Ourense supón un atentado (non un accidente!) de dobre vertente:- en primeiro lugar, atenta contra a propiedade particular de moitos de vós que estades hoxe aquí;- en segundo lugar, atenta contra o patrimonio histórico e cultural da nosa Republica e dos territorios limítrofes.O porqué e o para qué deste atentado podemos intuílo todos. Ou senón, pensade, cantos petos non se encherán con esta acción? Hum… Cantos dicides vós? Mais vaiamos buscar unha soa, tan só UNHA RAZÓN LÓXICA, e digo LÓXICA, sobre a que poida sustentarse este proxecto, este atentado!! Vedes vós algunha? Dicide: vedes vós algunha?? E digo razón lóxica porque ilóxicas e sin sentido achámolas a moreas, a feixes, a paxes!!Dicide vós, vós!, que sodes a VOZ DO POBO: Énos necesario un Tren de Alta Velocidade que cando alcanze a velocidade máxima xa terá que comezar a frear? É NECESARIO?? NON….
Algúns políticos galegos e españois comenzaran a facer promesas de tipo: APEADERO en Cerdedo, o tunel do San Marcos non é un tunel senón que é o comenzo da meirende obra TREN METROPOLITANO de Soutelo ou TMSM, e outras chorradas coma o AVE é progreso, de Soutelo a Madrid en 3 horas e media,...
Pero o único que temos de Galicia e España ou de España e Galicia é:
- Sistema de aire acondicionado mediante os eólicos do Seixo, Candán é Paraño. feito
- Sistema anti-asolagamentos mediante as minicentrais do Lerez e Castro. feito
- Sistema de Calefación "chan quente" mediante o bitunel do San Marcos de 8 Km. a facer co AVE.
- Sistema avanzado de miradores sobre o Lerez. a facer co AVE.
É a xente que non lle guste que se vai para Pontevedra que hai unha alameda moi chula.
O Presidente da República